Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 8 de outubro de 2013, da Zona de Recadación da Coruña, de poxa pública de bens e dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 30 de setembro de 2013, infórmase que o día 21 de novembro de 2013 ás 10.00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valor

Cargas

Tipo 1

Tramo

26

Edificio sito na rúa Rego de Auga, nº 50 (antigo 25), da cidade da Coruña, casa composta de baixo e cinco pisos, cunha superficie construída de cento tres con noventa metros cadrados. Predio número 3309 do Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

1.105.303

1.741.733

164.623,70

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que deberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistiren ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedarsen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo de seis meses e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e pode proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 8 de outubro de 2013

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña