Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a Resolución do 18 de xuño de 2013 ditada polo secretario xeral técnico desta consellería, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 15 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo) relativa á incautación parcial da garantía definitiva depositada polo adxudicatario no expediente de contratación 14/2011, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa Dengón Construcciones Servicios, S.L. a Resolución do 18 de xuño de 2013 ditada polo secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 15 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 23 de marzo) pola que se lle comisa parcialmente a garantía definitiva depositada para responder do cumprimento do contrato da obra de construción dunha edificación auxiliar destinada á xestión dos medios para recoller residuos urbanos na comarca de Navea-Bibei no concello da Pobra de Trives (expediente 14/2011) nun importe de 3.635,72 euros e se amplía o prazo de garantía ata que se realicen as reparacións necesarias para corrixir as deficiencias da obra, por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co establecido no artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas