Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41492

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 8 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída na solicitude de compatibilidade formulada por Mónica Gayoso Rey.

Con data do 3.9.2013 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada pola conselleira de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se denega a solicitude de compatibilidade presentada por Mónica Gayoso Rey.

Logo de intentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado» tras os dous intentos respectivamente en que consta «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Mónica Gayoso Rey a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública