Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito á regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2) Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: captación e bombeo á estación de tratamento de auga potable desde o río Fervenzas. Coirós (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.998.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8 e 45232152-2.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 155, do 14 de agosto de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 163.714,90 euros. Importe total: 198.095,03 euros.

Data de adxudicación: 4 de setembro de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 142.735,00 euros. Importe total: 172.709,35 euros.

Data de formalización do contrato: 27 de setembro de 2013.

Contratista: Proyecon Galicia, S.A.

b) Descrición: saneamento en Moreira. Soutomaior (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.997.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 166, do 31 de agosto de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 159.975,72 euros. Importe total: 193.570,62 euros.

Data de adxudicación: 2 de setembro de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 139.658,80 euros. Importe total: 168.987,15 euros.

Data de formalización do contrato: 27 de setembro de 2013.

Contratista: Aquagest Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S.A.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control e a indicada coa letra b) encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes así como de emisarios. Unha maneira de facer Europa.

4) Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012, DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file