Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se anuncia a contratación da subministración de licenzas de software de servidor e escritorio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Cixtec.

2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Nº expediente: 2013-044.

b) Tipo: subministración.

c) Descrición do obxecto: subministración de licenzas de software de servidor e escritorio.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de execución: 60 días desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 48000000-8.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 184.291,97 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 184.291,97 euros. Importe total: 222.993,28 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira y solvencia técnica e profesional: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): as ofertas deberán presentarse no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex), no enderezo www.conselleriadefacenda.es/silex

2) Documentación presentada en sobre pechado:

Entidade: Cixtec.

Dirección: rúa Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o sexto (6) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores.

– Hora: 10.00 horas.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e o seu importe máximo ascende a 10,82 € por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable