Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia a formalización da contratación da subministración de dous conmutadores para rede de almacenamento, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2013-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de dous conmutadores para rede de almacenamento, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 32400000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 17.7.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato:160.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 160.000,00 euros. Importe total: 193.600,00 euros

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06-A1.611A.626.0 do Cixtec para o exercicio 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación.

O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigo 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 26.9.2013.

c) Contratista: Internacional Periféricos y Memorias España, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 159.900,00 euros. Importe total: 193.479,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable