José Luis Naveira Crespo, solicitou licenza municipal de actividade para tenda de alimentación (epígrafe 644.1), que se situará na avenida Dr. Moreira Casal, 1 baixo esq. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.
Vilagarcía de Arousa, 20 de setembro de 2013
Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente