Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41293

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza dos centros de traballo desta deputación para os exercicios 2014 e 2015.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza dos centros de traballo da Deputación Provincial de Ourense para os exercicios 2014 e 2015, cun gasto máximo autorizado para o ano 2014 de 416.086,00 euros (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse, ata as 14.00 horas do día 4 de decembro de 2013, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 8 de outubro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense