Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2013/200-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte; parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMT, CT e RBT Budiño-Poxeira.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 37 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da LMT xeral Budiño-Casal e final no apoio HV-1600/15, do cal continúa subterránea 470 metros, con condutor RHZ1, ata o CT proxectado. Centro de transformación intemperie de 100 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Poxeira, San Salvador de Budiño, O Porriño. Liñas de BT aéreas cunha lonxitude total de 550 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra