Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: reforma e cambio situación CT Alxén-Gandarachán.
Situación: Salvaterra de Miño.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 50 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio nº 13 da LMT xeral Alxén unha vez entre e saia do CT proxectado Alxén-Gandarachán na súa nova situación. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Gandarachán, Alxén, Salvaterra de Miño. Liñas de BT cunha lonxitude total de 116 metros e orixe no novo CT.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 11 de setembro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra