Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2013/196-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMT xeral aérea Salvaterra, Alxén, 2ª fase.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor 94-AL 1/22-ST1A (LA-110) de 1.158 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 14 da LMT xeral Alxén e final no apoio nº 1 da LMT xeral Alxén, Cabreira F. A instalación está situada en Alxén, Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra