Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude do proxecto de incinerador para a eliminación de residuos na industria dedicada á produción de pratos precociñados Congalsa, S.L., que posúe no concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) (clave M 2012/IPPC/M/132).

Segundo o que se indica no artigo 19 do Real decreto 653/2003, do 30 de maio, sobre incineración de residuos, faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de instalación dun incinerador para a eliminación de residuos na industria dedicada á produción de pratos precociñados Congalsa, S.L. que posúe no concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña), co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que estime convenientes. A documentación que se expón será:

«Proxecto de incinerador para a eliminación de residuos na industria dedicada á produción de pratos precociñados».

O dito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Concello da Pobra do Caramiñal (Rúa Gasset, 28, 15940 Pobra do Caramiñal).

Ademais, poderá consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública)

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental