Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40962

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 14 de outubro de 2013 pola que se modifica a Orde do 23 de febreiro de 2011 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 01/2010, convocado pola Orde do 4 de maio de 2010, en execución da sentenza número 347/2011 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde do 23 de febreiro de 2011 (DOG núm. 40, do 28 de febreiro) resolveuse o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 01/2010, convocado pola Orde do 4 de maio de 2010 (DOG núm. 85, do 6 de maio).

Na dita orde o posto nº 94, inspector/a de xogo, código PR.C06.00.003.15770.021 adxudicábaselle a Consuelo Neira Leis cunha puntuación de 18,600.

Contra a resolución do concurso presentouse recurso ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela que ditou sentenza número 347/2011, pola que se anula a dita orde no relativo á adxudicación do posto nº 94. A dita sentenza foi confirmada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 20 de febreiro de 2013.

En execución da referida sentenza e á vista das puntuacións obtidas polos candidatos ao posto 94, esta consellería

DISPÓN:

Modificar a Orde do 23 de febreiro de 2011 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 01/2010, convocado pola Orde do 4 de maio de 2010 no seguinte sentido:

Primeiro. Anular a adxudicación do posto de inspector/a de xogo adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela co código PR.C06.00.003.15770.021 a Consuelo Neira Leis.

Segundo. Adxudicar o posto de inspector/a de xogo adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela co código PR.C06.00.003.15770.021 a Eleutino Álvarez Álvarez.

Terceiro. Adxudicar o posto de xefe de Sección do Punto de Coordinación de Ordes de Protección adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela co código PR.501.00.003.15770.006 a Consuelo Neira Leis.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda