Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40964

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 111/2013, interposto por Juan Mari Puget.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 111/2013, interposto por Juan Mari Puget contra a Orde do 27 de xuño de 2012, pola que se convocan á elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública