Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40746

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de setembro de 2013 pola que se aproba o Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG número 186, do 30 de setembro de 2013, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 38381, parágrafo segundo, onde di: «... o acordo do Consello de Dirección do 21 de xuño de 2007 (DOG nº 134, do 11 de xullo)», debe dicir: «... o acordo do Consello de Dirección do 11 de xullo de 2013 (DOG nº 148, do 5 de agosto)».