Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40893

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2013, da Dirección da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no segundo cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013

Pablo Galego Feal
Director da Escola Galega de Administración Sanitaria

Anexo

Convenio

Importe económico

Data sinatura

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, para o ano 2013 (asinado o 11 de marzo de 2013)

79.894,00 €

11.6.2013

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Novo Nordisk Pharma, S.A. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns

6.000,00 €

8.8.2013