Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40894

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tiro Olímpico

ANUNCIO de modificación dos estatutos federativos para a súa adaptación á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Aprobada a modificación dos estatutos pola asemblea xeral da Federación Galega de Tiro Olímpico, en reunión extraordinaria do 13 de abril de 2013, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 1 de agosto de 2013 e, de conformidade co artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación de diversos artigos dos seus estatutos, e deposítase copia íntegra deles no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia da Secretaría Xeral para o Deporte.

Lugo, 24 de setembro de 2013

Ángel Blas Paz Díaz
Presidente da Federación Galega de Tiro Olímpico