Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ret. LMT LOZ 803B Camiño Urxeira-Combarro.
Situación: Poio.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 36 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado CH 1600/17,5 (paso aerosubterráneo) e final na arqueta existente (nudo B). Retensado de 97 metros de LMT aérea, con condutor LA-110, entre o apoio proxectado e o existente nº 149. A instalación está situada na zona do Camiño Urxeira-Combarro, Poio.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 30 de setembro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra