Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2013/205-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: reforma e ampliación de potencia CT Malvas e LMT.

Situación: Tui.

Características técnicas: adecuación do centro de transformación Malvas, situado na Cruz, Tui, consistente na instalación de celas baixo envolvente metálica e illadas en SF6, con telemando, colocación dos armarios de remota e motorización das celas de media tensión; instalación dun transformador de 160 kVA, con RT 20 kV/400 V e conexión coa rede de alta tensión mediante un paso aerosubterráneo e 75 metros de LMT con condutor RHZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra