Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40593

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Resolución reitoral do 11 de setembro de 2013 sobre delegación de competencias.

Detectados erros na publicación da Resolución do 11 de setembro de 2013 (DOG nº 180, do 20 de setembro) da Universidade de Vigo, sobre delegación de competencias, procede realizar a seguinte modificación:

Páxina 37109.

Onde di:

«e) A de autorizar, dispor e contraer obrigas sobre os créditos de gasto da universidade, con excepción dos mencionados nos puntos 11 a), b), c) d); 12 a), b); 13 a), b) desta resolución.

f) As de actuación como órgano de contratación da universidade nos termos establecidos na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, agás o establecido nos puntos 13 a), b), c); 15 a), b); e 16 a), b) desta resolución»,

Debe dicir:

«e) A de autorizar, dispor e contraer obrigas sobre os créditos de gasto da universidade, agás o disposto nos puntos 11, 12 e 13 desta resolución.

f) As de actuación como órgano de contratación da universidade nos termos establecidos no Real decreto lexislativo, 3/2011, do 14 de novembro, texto refundido da Lei de contratos do sector público, agás o disposto nos puntos 11, 12 e 13 desta resolución».

Páxina 37110.

Onde di:

«a) A contratación de subministracións e servizos non suxeita a regulación harmonizada que se poida adxudicar por procedemento negociado por razón de contía cando o seu valor estimado (IVE non incluído) non sexa superior ao establecido no artigo 161.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. Esta delegación inclúe as facultades de retención, autorización, disposición e contracción de obrigas sobre os créditos correspondentes.

A Xerencia, por proposta do administrador correspondente, poderá ordenar que un expediente de contratación se centralice por razón da súa complexidade ou da carga administrativa existente no centro.

b) “........... aterase ao establecido no artigo 182 da Lei de contratos do sector público........”

c) “........ segundo o establecido na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público ........”»,

Debe dicir:

«a) A contratación das subministracións e servizos non suxeita a regulación harmonizada que se poida adxudicar por procedemento negociado por razón de contía, segundo o disposto nos artigos 173.f) e 174.e), do Real decreto lexislativo, 3/2011, do 14 de novembro, texto refundido da Lei de contratos do sector público, agás cando o seu valor estimado (IVE non incluído) sexa superior a 60.000 €. Esta delegación inclúe as facultades de retención, autorización, disposición e contracción de obrigas sobre os créditos correspondentes.

A Xerencia, por proposta do administrador correspondente, poderá ordenar que un expediente de contratación se centralice por razón da súa complexidade ou da carga administrativa existente no centro.

b) “… aterase ao establecido no título II, capítulo II do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, texto refundido da Lei de contratos do sector público...”

c) “… segundo o establecido no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, texto refundido da Lei de contratos do sector público...”».

Páxina 37111.

Onde di:

«12. Delégase no/a xefe de Servizo de Extensión Universitaria, no que se refire ao centro de gasto de que é responsable:

a) “......segundo o establecido na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público,...”.

13. Delégase no/a director/a da Biblioteca, no que se refire ao centro de gasto de que é responsable:

a) “...... segundo o establecido na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público,...”»,

Debe dicir:

«12. Delégase no/a xefe de Servizo de Extensión Universitaria, no que se refire ao centro de gasto de que é responsable:

a) “......segundo o establecido no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, texto refundido da Lei de contratos do sector público...”

13. Delégase no/a director/a da Biblioteca, no que se refire ao centro de gasto de que é responsable:

a) “...... segundo o establecido no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, texto refundido da Lei de contratos do sector público...”».

Páxina 37114.

Onde di:

«Disposición xeral cuarta. Quedan derrogadas todas as resolucións que se opoñan ou contradigan esta resolución reitoral e, de forma específica, a do 30 de abril de 2013 (DOG nº 85, do 3 de maio), a do 5 de setembro de 2011 (DOG nº 176, do 14 de setembro), 24 de xuño de 2010 (DOG nº 123, do 30 de xuño), 11 de xullo de 2006 (DOG nº 138, do 18 de xullo, corrección de erros no DOG nº 131, do 6 de xullo de 2007) e a do 1 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril)»,

Debe dicir:

«Disposición xeral cuarta. Quedan derogadas todas as resolución anteriores sobre esta materia, e de forma específica a do 30 de abril de 2013 (DOG nº 85, do 3 de maio), a do 5 de setembro de 2011 (DOG nº 176, do 14 de setembro), 24 de xuño de 2010 (DOG nº 123, do 30 de xuño), 11 de xullo de 2006 (DOG nº 138, do 18 de xullo, corrección de erros no DOG nº 131, do 6 de xullo de 2007) e a do 1 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril)».