Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40453

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1239/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1239/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 828/2010 Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Recorrente: Ges Seguros y Reaseguros, S.A.

Avogado: Julián Besteiro Álvarez.

Procuradora: María Ángela Otero Llovo.

Recorrido: Alfonso Prieto Borrajo.

Avogados: Eduardo Villar Fernández, Diego Garrido Rodríguez.

Procurador/a: fax 988 37 07 14.

Recorrido: Caja de Seguros Reunidos-Caser.

Avogado: Eduardo Villar Fernández.

Procurador: José Amenedo Martínez.

Recorrido: Pizarras de León, S.A.

Estrada de Veigamuíños 156, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1239/2011 desta sección, seguido por instancia de Ges Seguros y Reaseguros, S.A. contra a empresa sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que con estimación do recurso interposto pola compañía de seguros Ges Seguros y Reaseguros, S.A., revogamos a sentenza que con data do 22.12.2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, e acollendo en parte a demanda, condenamos a entidade Caser Seguros a lle aboar a Alfonso Prieto Borrajo a cantidade de vinte e catro mil euros (24.000 €), en concepto de indemnización por convenio, e absolvemos a compañía de seguros Ges Seguros y Reaseguros, S.A. e a empresa Pizarras de León, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Pizarras de León, S.A., con último domicilio coñecido na estrada de Veigamuíños, 156, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial