Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40537

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Segundo)

EDICTO (procedemento de reintegro B200/13).

Polo presente edicto faise público, para dar cumprimento ao acordado pola conselleira de Contas do Departamento Segundo de Axuizamento, mediante providencia do 18 de setembro de 2013, ditada no procedemento de reintegro por alcance núm. B-200/13, Entidades Locais (Concello de Lousame, A Coruña), que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance por un presunto alcance contable nos fondos do citado concello por un importe de douscentos trinta e sete mil douscentos cinco euros con vinte e oito céntimos (237.205,28 €), durante o período comprendido entre os exercicios 2010 a 2012.

Faise público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, mediante comparecencia en forma, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Madrid, 18 de setembro de 2013

Jaime Vegas Torres
Secretario