Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40449

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 19 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Pola Orde do 2 de agosto de 2013 (DOG nº 157, do 20 de agosto), anúnciase a convocatoria, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 2 de agosto de 2013 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o cesamento no actual destino da pesoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días a partir do día seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde presta actualmente servizos o/a traballador/a, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. No caso de baixa por incapacidade temporal, iniciarase o cómputo a partir da data da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

– Datos persoais:

Apelidos e nome: Escudero González, Alejandra.

NRP: 3266629324 A2060.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: xefatura do Servizo Técnico-Xurídico.

Código do posto: SAC020000215770015.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.