Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (623/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento 623/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L. e Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño:

1. Estimar a solicitude da parte Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. de aclarar a sentenza do 28 de maio, ditada neste procedemento, no sentido de determinar que a indemnización por despedimento improcedente ascende á cantidade de 7.223,56 euros, cantidade obtida de sumar 6.217,75 euros devindicados desde o 15.3.2010 ao 12.2.2012, e 1.005,81 euros devindicados desde o 12.2.2012 ata a data de despedimento.

Queda, polo tanto, o fundamento de dereito cuarto redactado do seguinte xeito:

“Cuarto. En canto á indemnización, calcularase a razón de 45 días de salario por ano ata a data de entrada en vigor (12 de febreiro de 2012) e a razón de 33 días polo tempo de prestación posterior. Tendo en conta que o salario do demandante hai que fixalo na cantidade mensual recollida nos feitos probados a razón de 2.225,06 € euros mensuais, resulta un salario diario para ter en conta de 73,15 €, e tomando como data de antigüidade o 15 de marzo de 2010, despois de recoñecer o demandante que entende o contrato saldado con Alen e que a relación para estes efectos se volve establecer con Neo Energy nesta data, resulta unha indemnización de 7.223,56 euros (6.217,75 ata o 11 de febreiro de 2012 e 1.005,81 euros desde o 12.2.2012 ata a data do despedimento). Como o centro de traballo está pechado, non cabe a opción da readmisión do traballador”.

E queda a parte dispositiva da sentenza redactada da forma seguinte:

“Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data 2 de xullo de 2012, e condeno a Ingeniería y Montaxe Alen, S.L., a Neo Energy Solutions Europe, S.L. e a Raam Logisti, S.L a estar e pasar pola anterior declaración e a aboarlle ao demandante de forma solidaria unha indemnización de 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data de firmeza da presente sentenza, que se cuantifica en 7.223,56 euros. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores”.

2. Incorpórese esta resolución ao libro que corresponda e lévese testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada».

E para que lle sirva de notificación en forma ás demandadas Neo Energy Solutions, S.L. e Raan Logisti, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

A secretaria xudicial