Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre Talleres Fivalga, S.L. para licenza de actividade de almacén de maquinaria ferroviaria e eólica no polígono Veigadaña.

Sométese a información pública o expediente nº 2013/068, tramitado por instancia de Talleres Fivalga, S.L., para a concesión dunha licenza de actividade para un almacén de maquinaria ferroviaria e eólica na parcela P-3 do parque empresarial de Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio, segundo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións e observacións que teñan por convinte.

Mos, 19 de xuño de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo