Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación agropecuaria nas Calles (Olas).

Amalia Vázquez Mosquera, en representación de Ganadería Sanjurjo Vázquez, S.C., solicitou licenza municipal para a ampliación de explotación agropecuaria mediante a construción de corte libre para vacún de leite, fosa de xurro e silo trincheira no lugar das Calles, parroquia de Olas, parcela 51 do polígono 502 do Catastro, no termo municipal de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público, na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 2 de outubro de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde