Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40028

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (83/2011).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 83/2011, seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A., contra Miguel Álvarez Fernández e Inversiones Gallegas Micar, S.L., e acórdase remitir o presente co fin de notificar a sentenza aos demandados Miguel Álvarez Fernández e Inversiones Gallegas Micar, S.L., con domicilio descoñecido, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Recreativos Mafari, S.A. contra Inversiones Gallegas Micar, S.L. e Miguel Álvarez Fernández, debo declarar e declaro resulto o contrato de instalación de máquinas recreativas, de azar ou de calquera outro tipo de pasatempos do 30 de xullo de 2008, e debo condenar e condeno os demandados a que aboen solidariamente á demandante a cantidade de 18.124,71 euros con imposición aos demandados das custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Pontevedra, 31 de xullo de 2013

O/a secretario/a xudicial