Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte do posto desta consellería no certame feiral ANUGA, actuación cofinanciada en parte polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, eixe 3, medida 4 (expediente 33/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe e transporte do posto da Consellería do Medio Rural e do Mar no certame feiral ANUGA, que terá lugar do 5 ao 9 de outubro de 2013, en Colonia (Alemaña).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19079

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 126, do 4 de xullo de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 120.500 €, IVE (21 %): 25.305 €. Importe total: 145.805 €.

Valor estimado (sen IVE): 120.500 €.

5. Financiamento: 75 % Fondo Europeo de Pesca e 25 % Estado membro.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 6 de setembro de 2013.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 126.929 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 9.9.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, por ter acadada a maior puntuación no procedemento (foi a oferta técnica mellor valorada).

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar