Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2013 (6/13-I), con dous lotes (expediente 35/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: subministración.

Descrición do obxecto: subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2013.

c) Enderezo de internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19259

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 22 de xullo de 2013.

e) División por lotes e número: si. Lote 1: subministración e entrega dun mínimo de 13.240 quilos de bloqueante-inhibidor do lume. Lote 2: subministración e entrega dun mínimo de 70.000 litros de retardante a longo prazo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 182.628,00 €; IVE (21 %): 38.351,88 €; importe total: 220.979,88 €.

Valor estimado: 182.628,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1: subministración e entrega dun mínimo de 13.240 quilos de bloqueante-inhibidor do lume.

a) Data da resolución da adxudicación: 12 de setembro de 2013 (deserta).

Lote 2: subministración e entrega dun mínimo de 70.000 litros de retardante a longo prazo.

a) Data da resolución de adxudicación: 12 de setembro de 2013.

b) Adxudicataria: Budenheim Ibérica, S.L.

c) Importe: 120.399,03 € (sen IVE).

IVE 21 %: 25.283,80 €.

Importe total: 145.682,83 €.

A subministración que se efectuará será de 70.306 litros.

d) Data de formalización do contrato: 16 de setembro de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta que se presentou á licitación e que cumpre os requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar