Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2013/138).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Zas, S.L.

Domicilio social: Vilardomato 27, 15850 Zas.

Denominación: LMTS, CT e RBT Langueirón II (Zas).

Situación: Zas.

Características técnicas:

Liña subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,650 km, con orixe en apoio de formigón HVH-2000/14 (expt. 51.027) e final no centro de transformación proxectado en condutor RHZ1-OL 3×1×95 mm2.

Centro de transformación en edificio, cunha potencia de 100 kVA relación de tansformación de 20.000/400/230 V.

Rede de baixa tensión subterránea dunha lonxitude de 0,195 km en condutor RV 0,6/1 kV 4×240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña