De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
Lugo, 23 de setembro de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN635C 2012/81-2.
Interesado: Excavaciones y Transportes Miguel y Lucía, S.L.
Último domicilio coñecido: Canedo, 3, San Tomé, Lourenzá, Lugo.
Acto notificado: proposta de resolución.