Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 39999

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: do 21 ao 23 de outubro de 2013.

4. Lugar de celebración: Corporación Alimentaria Peñasanta, estrada N-VI, km 511, Robra, 27154 Outeiro de Rei (Lugo).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 21.10.2013

6.00-7.00 h

Introdución. Lexislación

7.00-8.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades

8.00-8.30 h

Descanso

8.30-9.30 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades

9.30-11.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

11.00-11.30 h

Descanso

11.30-12.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

12.00-14.00 h

Métodos de loita antivectorial

Día 22.10.2013

6.00-7.20 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas

7.20-8.00 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases

8.00-8.30 h

Descanso

8.30-9.10 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases

9.10-10.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación

10.30-11.00 h

Preparación de disolucións de produtos

11.00-11.30 h

Descanso

11.30-12.30 h

Preparación de disolucións de produtos

12.30-14.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas

Día 23.10.2013

6.00-8.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas

8.00-8.30 h

Descanso

8.30-10.30 h

Técnicas de aplicación de praguicidas

10.30-11.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas

11.00-11.30 h

Descanso

11.30-12.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas

12.00-13.00 h

Resolución de exercicios prácticos

13.00-14.00 h

Avaliación tipo test

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 21 ao 23 de outubro de 2013.

Lugar de celebración do curso: Corporación Alimentaria Peñasanta, estrada N-VI, km 511, Robra, 27154 Outeiro de Rei (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 6.00 ás 14.00 h (60 minutos de descanso, das 8.00 ás 8.30 h e das 11.00 ás 11.30 h).

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 14 de outubro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 16, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Telefono:

Fax:

Correo electrónico: