Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1000/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1000/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delfín Moldes Pintos contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Antonio Toca Carús, Manuel Sánchez Meilán e Luis Carlos Fernández Rosende e, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo a demanda interposta por Delfín Moldes Pintos contra a mercantil Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende e Antonio Toca Carús e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral a día de hoxe (10 de xullo de 2013), condenando conxunta e solidariamente os demandados a lle aboar ao demandante as seguintes cantidades:

a) 34.700,57 euros en concepto de indemnización.

b) 27.630,15 euros en concepto de salarios devindicados desde agosto de 2012, cantidade da cal se deberán descontar as cantidades percibidas polo demandante pola prestación de servizos na nova empresa. Esta cantidade deberase incrementar co 10 % de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores por demora no pagamento.

c) 3.000 euros en concepto de indemnización por vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva na súa vertente de garantía de indemnidade e do dereito de discriminación.

Requírase o demandante para que, no prazo de catro días, acredite os salarios percibidos por empresa distinta da demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación. Para isto abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar que ingresou na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150 euros en concepto de depósito. Sen este requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segaprel, S.L., Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende e Antonio Toca Carús, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

A secretaria xudicial