Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (182/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 182/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Vázquez contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., sobre despedimento, se ditou auto con data do 2 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto.

Dispoño:

a) Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Jesús Rodríguez Vázquez fronte a Escayolas Gasamáns, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte executada se poida opor ao despacho da execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste auto.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Escayolas Gasamáns, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

A secretaria xudicial