Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo para o control e vixilancia durante a execución das obras correspondentes ao proxecto de conexión do porto seco en Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120, treito porto seco LU-933, cofinanciada ata un máximo do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19594

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

a) Número de expediente: 21/2013 M.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: control e vixilancia durante a execución das obras correspondentes ao proxecto de conexión do porto seco en Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120, treito porto seco LU-933.

c) Prazo de execución/entrega: 18 meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 71311210.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 183.141,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 183.141,00 €. Importe total: 221.600,61 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ao abeiro do artigo 65.1 e a disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei de contratos do sector público, dado que non existe grupo de clasificación adecuado no cal incluír as actividades propias desta contratación, mentres non se aproben as normas regulamentarias de desenvolvemento nas cales se definan os novos grupos, subgrupos e categorías, non procede exixir clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada nas epígrafes L e M do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas