Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento LMTS, CT Condesa, 2.
Situación: concello de Mugardos.
Características técnicas: liña de media tensión enterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,028 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS VDC-712 (Mugardos-Catro Camiños, 12), en tramo comprendido entre o CT P. Condesa, nº 1 (expediente 8/2003) e o CT P. Condesa, nº 3 (expediente 8/2003), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e final na mesma liña unha vez que entre e saia do novo centro de transformación proxectado.
Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 11 de setembro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña