Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 6 de setembro de 2013 pola que se dispón a notificación de dúas resolucións de expedientes sobre denuncia da vixencia de autorización de instalación e localización.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, as resolucións sobre denuncia da vixencia de autorizacións de instalación e localización, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro das resolucións que se notifican se encontran á súa disposición no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, nº 79, 2º, Ourense, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Ourense, 6 de setembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: DAIL-33/2013.

Nome e apelidos: Gabriela Márquez Castro.

NIE: X6944384-V.

Establecemento: Swass.

Último enderezo: r/ San Francisco, nº 17, baixo, Ourense (Ourense).

Data da resolución: 20.5.2013.

Resolución: deixar sen vixencia a autorización de instalación e localización O-37361B a partir do día 2 de setembro de 2013.

Expediente: DAIL-44/2013.

Nome e apelidos: Jane Caires Lima Tavares.

NIE: Y1046995-A.

Establecemento: café Free Way Rock.

Último enderezo: Peña Trevinca, nº 11, Ourense (Ourense).

Data da resolución: 1.7.2013.

Resolución: deixar sen vixencia as autorizacións de instalación e localización O-34237B e O-34383A a partir do día 18 de setembro de 2013.