Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización do contrato da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de encontro familiar de Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 57/2013.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18958

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de encontro familiar de Ferrol.

c) Nº de lotes: 1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 103, do 31 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) aos cales se engaden trinta e un mil cincocentos euros (31.500,00 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cento oitenta e un mil cincocentos euros (181.500,00 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de agosto de 2013.

b) Contratista: Fundación Camiña Social.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento vinte catro mil euros (124.000,00 €), exento de IVE.

e) Data de formalización: 1 de setembro de 2013.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar