Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria para ser notificada por comparecencia, na resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Borrifáns (Cesuras-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de setembro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 23 de maio de 2013 de modificación do Acordo de concentración parcelaria da zona de Borrifáns (Cesuras-A Coruña).

Interesada: Jenny María Manteiga Rilo.