Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2013/0110-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2013/0110-4.

Acta: I362013000043629.

Empresa: Servicios e Instalaciones de Gas Natural Butano Propano, S.L.

NIF: B65616716.

Enderezo: r/ Fotógrafos Hermanos Sarabia, 4, entresollado, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5.1, 7.10, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 23.7.2013.

Resolución: multa de 1.500 €.

Fáiselle saber a interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 5 de setembro de 2013

P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa