Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39640

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2013.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco

16.000 €

3.5.2013

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración de ambas as institucións no desenvolvemento do Máster en rexeneración urbana e rehabilitación 2012-2013

25.000 €

18.6.2013