Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39641

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 18 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.

Por Orde desta consellería do 16 de xullo de 2013 (DOG nº 145, do 31 de xullo) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto directivo na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas, esta consellería

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 16 de xullo de 2013 (DOG nº 145, do 31 de xullo) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: Ana María Martínez Bugallo.