Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de rehabilitación da Fortaleza de Monterrei, 1ª fase (Monterrei, Ourense), cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.1.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 27 de maio de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contrato de obras de rehabilitación da Fortaleza de Monterrei, 1ª fase (Monterrei, Ourense), cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 1.735.537,19 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de agosto de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 17 de setembro de 2013.

c) Adxudicataria: Dragados, S.A.

d) Importe de adxudicación: 1.472.603,30 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia