Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento dos ascensores do Hospital da Costa (AB-EIL2-13-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación do Hospital da Costa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación.

2) Enderezo: r/ Rafael Vior, s/n.

3) Localidade e código postal: 27880 Burela, Lugo

4) Teléfono: 982 58 99 56.

5) Fax: 982 58 99 86.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIL2-13-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento dos ascensores do Hospital da Costa.

c) División por lotes e número: un único lote.

d) Lugar de execución: Hospital da Costa.

e) Prazo de execución: 24 meses desde a data de entrada en vigor.

f) Admisión de prórroga: ver pregos.

g) CPV: 50750000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntuación

Oferta económica

Tempo de resposta

Programación do servizo

Melloras

0-40

0-10

0-40

0-10

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 55.719,12 € sen IVE; o importe de IVE: 11.701,02 €; o orzamento total con IVE: 67.420,14 €.

5. Garantías exixidas:

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: ver número 6.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver número 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de Galicia e antes das 14.00 horas.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Hospital da Costa (ver número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior, s/n.

b) Localidade e código postal: Burela (Lugo) 27880.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario. Ver número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: ver pregos.

Burela, 14 de agosto de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos