Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Xeira Consultora, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Xeira Consultora, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 17 de xullo de 2013, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é na rúa Mediodía, número 6, concello de Ordes, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social