Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2013/280-1 e RL 2013/319-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2013/280-1.

Acta inf. nº: I152013000053593.

Empresa: Turismos Coruña, S.L.

NIF: B15577703.

Enderezo: avenida de Fisterra, 271, 15008 A Coruña.

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva).

Normativa infrinxida: artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 7.10 e 50.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.2 e 40.1 do dito texto legal.

Data resolución: 26.8.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Turismos Coruña, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2013/319-1.

Acta inf. nº: I152013000054910.

Empresa: David Branco Senra.

NIF: 46903216Y.

Enderezo: rúa Constitución, 15, porta B, 15660 Cambre.

Materia: obstrución (incomparecencia á citación da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigos 11.1 e 14.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 2 e 40.1 do dito texto legal.

Data resolución: 19.8.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa David Branco Senra unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

A Coruña, 16 de setembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña