De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
A Coruña, 13 de setembro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesada: Electrodomésticos Menaje del Hogar, S.A. Darty.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.
Infracción: artigo 105 b) 10 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.