Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador E.S.C. 2013/1, seguido á Organización Feiral Galega, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 13 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Organización Feiral Galega, S.L.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.

Infracción: artigo 105 a) 1º da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.