Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas LMTS, CTC, RBT, Paraíso II (Ordes) (expediente 54/2012).

Outorgada a declaración de utilidade pública, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,677 km, con orixe na LMTS SME-809, entre o CT Paraíso (expediente 195/2001) e o CT Instituto (expediente 169/1998), e final na mesma liña unha vez que entre e saia do centro de transformación que se vai instalar no lugar de Paraíso, no termo municipal de Ordes, (expediente 54/2012), por resolución desa xefatura territorial do 29 de maio de 2013, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 31 de outubro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ordes, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 7.8.2013, 30.7.2013 e 20.7.2013 , respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa Consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña