Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013145TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 11 de xullo de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador nº 2013145TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Barreiro Barreiro, S.C. Bar Patilleiro.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Barreiro Barreiro, S.C. Bar Patilleiro o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2013145TA-CO.

Denunciada: Barreiro Barreiro, S.C. Bar Patilleiro.

DNI/CIF: J70217088.

Último enderezo coñecido: rúa Nevada, 7, 1º C, Santa Cruz,15179 Oleiros.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.